Concello da Coruña

Concello da Coruña

As marxes da desgraza

Espectáculo creado a partir dunha antoloxía de fragmentos da obra do gran dramaturgo galego Roberto Vidal Bolaño, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas neste ano 2013.

Cando:

Dende o 14/05/2013 ata o 16/05/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

Da súa inxente produción, optamos por seguir unha das liñas temáticas que mellor definen o seu carácter de creador comprometido coa sociedade e co tempo que lle tocou vivir: a marxinalidade. Os seus textos están cheos de personaxes situados nos confíns máis baixos da estrutura social, protagonistas dunhas vidas marcadas polo fracaso e a derrota.

Vidal Bolaño soubo radiografar cunha xenialidade pouco corrente as inquietudes dos menos favorecidos nesta sociedade capitalista, dende un punto de vista impregnado polo carácter galego pero á vez cargado de universalidade: soños de realización persoal non cumpridos, anhelos de grandeza creados arredor dos heroes do cinema e a televisión que terminan en esperpentos, desexos de felicidade frustrados por unha realidade dura e cruel.

Son historias tan sórdidas e decadentes que non chegan nin a ser traxedias. Como di un dos seus personaxes: "As traxedias son cousas dos deuses, e a toda esta condenada historia fáltalle altura para chegar a tanto. Non pasa de ser unha desgraza. É o máis que os homes somos quen de causar".
Nas MARXES DA DESGRAZA desfilan, por un espazo abstracto e metafórico, ambientado polas notas dun singular grupo musical, unha serie destes antihéroes marxinais, esquecidos polo poder e pola xente acomodada, que convidan o espectador a unha profunda reflexión tanto sobre os valores que sustentan a sociedade contemporánea, marcada pola desigualdade e a inxustiza, como sobre a propia condición do ser humano.

REPARTICIÓN: Lucía Regueiro, Begoña Martínez, Laura Campos, Carmen Méndez, Brais Breijo, Soraya Lema, Anxo Meis, Xelo Cagiao, Beatriz Sánchez, Juan Carlos Moure, Pablo Pose, Alejandro Martínez, Cristina Rodríguez e Ana Julia Martínez.
MÚSICOS: Patxi Valera: percusión, Ignacio Muñoz: piano e Marcel Chirilov: clarinete.
Dramaturxia e dirección escénica: Santiago Cortegoso.
Creación do espazo sonoro: Estíbaliz Espinosa.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión