Na enseada do Orzán, un dos días grandes das festas coruñesas, no que miles de persoas gozan dun grande espectáculo de fogos.
14/08/2013
Xa rematou
Ás 23.00 h.
Un pouco de historia
O Concello empezou a celebrar esta "batalla naval" como unha homenaxe á vitoria que en 1589 cultivou a cidade, da man da heroína María Pita, tras sufrir o asedio do pirata inglés Francis Drake e o seu escuadrón formado por oitenta navíos. Os coruñeses defendéronse atrincheirándose na Porta Real e mesmo María Mayor Fernández coñecida como María Pita defendeu a cidade evitando que se plantase a bandeira británica cando os ingleses atacaron a cidade por varios puntos á vez e cando intentaban entrar por unha greta da muralla na Cidade Vella, María Pita deu morte ao oficial inglés que portaba a insignia.
Ata o ano 2008, a representación realizábase xunto ao Castelo de San Antón e Porta Real. Pero no ano 2009 cambiouse o escenario, que agora se realiza na enseada do Orzán.
A recreación pirotécnica trata de simular esta invasión histórica da Coruña polas tropas inglesas, que chegan pola vía marítima á cidade, o seu desembarco, a resistencia heroica dos coruñeses e o rexeitamento ao invasor. Realízase un disparo dende a superficie situada na punta das Esclavas, outro dende a zona próxima á Domus. Dende ambos os puntos lánzase fogo acuático.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible