Remake da exitosa comedia francesa "Benvidos ao Norte"
Para público en xeral
Os días 29/06/2017, 30/06/2017, 01/07/2017
Xa rematou
- xoves 20:30 h, venres 20:30 e 23:00 h e sábados 17:30 e 20:30 h.
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
3 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros )
* Para acceder aos descontos é necesario presentar o documento que acredite ser beneficiario del.
Sesións do espectador: venres 23:00 h e sábados 17:30 h. Prezo único: 1,50 euros
981 184 293
Alberto (Claudio Bisio) traballa na oficina de Correos dunha pequena cidade do norte de Italia. Presionado pola súa muller (Angela Finocchiaro), está disposto a todo con tal de conseguir o traslado a Milán, mesmo a finxirse inválido; pero, cando o truco é descuberto, sanciónano mandándoo a unha aldeíña de Campania, o cal para un italiano do norte é un auténtico pesadelo. Só e cheo de prexuízos trasládase á que considera a terra da camorra, dos paletos, os folgazáns. A súa sorpresa será enorme cando descubra un lugar fascinante, uns colegas entrañables, xentes moi hospitalarias e, sobre todo, un grande amigo, o carteiro Mattia (Alessandro Siani). Agora o problema é como contarllo á súa muller e aos seus vellos amigos.
Con Claudio Bisio e Alessandro Siani
Italia, 2010 - 102 min (V.O.S. en castelán)
APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS
Formato: 35 mm
* Nomeada a premio do público premios do Cinema Europeo 2011
* 10 Nomeamentos Premios David di Donatello 2010 Mellor actriz secundaria.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible