Sabías que na Coruña existen empresas pioneiras no uso e aplicación de drons?
+ 10 anos
Para público en xeral
21/06/2019
Xa rematou
Entrada libre ata completar a capacidade
De 19 a 20.30 horas.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184388
Aeromedia é un proxecto empresarial innovador que nace da ilusión e o coñecemento dun grupo de persoas amantes das novas tecnoloxías e a aeronáutica. Actualmente é líder na filmación con drons en España, con máis de 20 anos de experiencia no aeromodelismo e a enxeñería.
Da man destes profesionais achegarémonos á tecnoloxía dos drons, distinguiremos os distintos tipos de aparatos e veremos as súas aplicacións e utilidade en múltiples campos: social, cultural, empresarial.
Aprenderemos a facer un bo uso desta tecnoloxía, a reglamentación existente, e tamén nos informaremos da formación necesaria para ser piloto/a ou radiofonista de drons.
Non che pica a curiosidade...??? Pode ata haber sorpresas!
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible