Vivendas unifamiliares de baixo custo
Para público en xeral
Dende o 30/03/2017 ata o 04/06/2017
Xa rematou
Esta exposición no Museo de Belas Artes é unha invitación ao descubrimento dun capítulo sensacional e esquecido da historia da arquitectura moderna. É a primeira vez que unha institución cultural presenta este tema en España, non só descoñecido para o público común senón tamén no ámbito da arquitectura. Austeridade, rigor, creatividade, intimidade e natureza exterior, rendemento enerxético, materiais novos e algo moi vello pero non sempre abundante: sensatez. Estes son algúns dos ingredientes da escola californiana de Case Study e que aluden frontalmente ao presente. "Nun país que emerxía dunha época tráxica, expuxeron unha forma de vida inédita e sedutora", di Pedro de Llano.Cun completo despregamento de maquetas, fotografía e textos explicativos, California dreaming aspira a divulgar con sinxeleza, para o entendido ou o curioso, un corpo de deseños que foi un prodixio do sentido común e a innovación.A exposición, organizada pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña contando coa colaboración do Museo de Belas Artes da Coruña e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, supoñerá unha magnífica oportunidade para poder gozar destes deseños. "O obxectivo da mostra", explica Pedro De Llano, "é achegar unha pequena contribución ao desenvolvemento dunha cultura crítica da vivenda familiar. Formular un achegamento diferente ao mundo da arquitectura doméstica".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible