Concello da Coruña

Concello da Coruña

Call me Kuchu de Katherine Fairfax

Premio ao mellor filme internacional Hot Docs Toronto 2012. Mellor documental (Teddy Bear) Festival de Cinema de Berlín 2012.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/06/2017 ata o 10/06/2017

Xa rematou

Horario:

- Xoves 8 de xuño - 20.15 h

- Venres 9 de xuño - 20.15 h * Charla - coloquio con Dunia Belhoucine e Daniel Bóveda

- Sábado 10 de xuño - 17.15 e 20.15 h

Duración:

87 min

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 3'00 €

(carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: 2'00 €)

Sesión do espectador - sábado ás 17.15 h. Prezo único 1'50 €

Organiza:

IMCE

Contacto:

Tel.: 981 184 293

A historia

"Kuchu" é o termo popular con que se denomina o colectivo lésbico, gai, bisexual e transexual (LGBT) en Uganda. Un colectivo perseguido social, cultural e xudicialmente. A ameaza dunha nova "Lei contra a homosexualidade", que establece penas de prisión e mesmo de morte para homosexuais e seropositivos, converte os líderes locais e activistas en emblemas internacionais da loita contra a violación dos dereitos humanos.

David Kato, o primeiro home en Uganda abertamente gai, é un dos poucos que se atreven a protestar publicamente contra as sancións homófobas do Estado. David loita, xunto cos seus compañeiros activistas, para cambiar o destino dos Kuchus en África, pois como di o propio David "se nos seguimos escondendo, dirán que non estamos aquí".

As directoras

Malika Zouhali-Worrall traballa como xornalista de prensa escrita e audiovisual no Financial Times e a CNN. Traballou para a CNN de India, Uganda, China e EEUU sobre temas de política, tecnoloxía e dereitos do colectivo LGBT. Malika graduouse na Universidade de Cambridge e ten un Máster en Relacións Internacionais do Instituto de Estudos Políticos de París.

Katherine Fairfax Wright graduouse na Universidade de Columbia cunha dobre licenciatura en Estudos de Cinema e Antropoloxía. Traballou como produtora en varias películas e foi premiada como directora de fotografía. É considerada un dos 25 novos rostros do cinema independente de 2012 pola revista Filmmaker Magazine de EEUU.

Premios e festivais

• Mellor Filme Internacional - Hot Docs, Toronto, 2012

• Sección Oficial Festival de Cinema de Berlín, 2012

• Premio Teddy Bear por Mellor Documental

• Premio Cinema Fairbindet

• Premio de Amnistía Internacional polos Dereitos Humanos - Festival de cinema de Durban, Sudáfrica, 2012

• Premio do público - Festival Internacional de Cinema Gai e Lésbico de San Francisco, 2012

• Premio Mellor Documental - Festival Internacional de Cinema Gai e Lésbico de Austin, 2012

• Mención especial - Festival Antenna, Sídney 2012.

Ficha técnica

Directoras: Malika Zouhali-Worrall e Katherine Fairfax Wright

Fotografía e montaxe: Katherine Fairfax Wright

Produtora: Malika Zouhali-Worrall

Son: Malika Zouhali-Worrall e Katherine Fairfax Wright

Música: Jon Mandabach

Formato: DVD

VENDA DE ENTRADAS

No despacho de billetes de Fórum desde media hora antes do inicio da proxección.

VENDA ANTICIPADA

Na conserxería de Fórum, de luns a venres de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h. Sábados de 10.00 a 13.00 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión