Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Camilo: o último guerrilleiro de Galicia

Proxección de documental e mesa redonda pola memoria histórica democrática.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

10/12/2020

Ya ha finalizado

Horario:

19.00 h

* Ás 18:30 h. abrirá a porta. Pídese presentarse no auditorio con antelación suficiente para que o persoal encargado asigne os asentos.

Duración:

80 min

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

de balde, até completar a capacidade 

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "AGRA"

En 2016 catro estudantes realizaron o seu Traballo de Fin de Grao en Comunicación Audiovisual cun documental web producido dende a Universidade da Coruña: "Camilo: o último guerrilleiro de Galicia".

Alba Sánchez Botana, Juan Sebastián Pirola Lorenzo, Pedro Iglesias Fernández e Miguel García Valdeón entrevistaron Camilo de Dios, guerrilleiro antifascista e loitador pola dignidade.

A loita continúa: en 30 de marzo de 2020, en pleno confinamento, estes rapaces xa graduados, estrearon en liña este docweb: "Se quedamos na casa, que a memoria encha as rúas".

A proxección de 10 de decembro no auditorio do Centro Ágora farase coa presenza de algunhas das persoas que realizaron e participaron no documental. Logo da proxección, Carlos Parrado moderará unha mesa redonda participada por Bernardo Máiz (historiador), Alba Sánchez (directora) e Miguel García (guionista).

O vindeiro 17 de decembro será o primeiro cabodano de Camilo. Cómprenos conmemoralo. Proxectaremos este webdoc, que xa cruza fronteiras, para homenaxear as persoas que arriscaron todo pola xustiza e a liberdade. Homes e mulleres que loitaron contra o fascismo botándose ao monte, ás toxeiras (ás matogueiras que no ecosistema mediterráneo se chama maquia, maquis, macchia...): Benigno Andrade Foucellas, Marita Gallego Abeledo, Ramón Rodríguez Varela Curuxás, as irmás Chelo e Antonia Rodríguez, Xosé Castro Veiga O Piloto, Enriqueta Otero, Carmen Fernández e o seu fillo Camilo...

Camilo de Dios naceu en Sandiás en 1933. Súa nai actuou de enlace na resistencia antifranquista. Camilo comezou esta actividade con 13 anos de idade. Fuxiu ao monte en 1948

e loitou contra o réxime na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1949 foi capturado e condenado a morte, mais por ser menor de idade conmutáronlle a súa pena por 30 anos de cadea. Despois de máis de 60 anos do asasinato do seu irmán, Perfecto de Dios, logrou exhumar en Ávila os seus restos para levalos a Sandiás.

"Nunca tolerei as inxustizas, viñesen de quen viñesen"

Ano: 2016.

Duración: 80 min.

Produción: Alba Sánchez Botana.

Guión: Miguel García Valdeón.

Dirección de fotografía: Juan Pirola Lorenzo.

Deseño web e gráfico: Pedro Iglesias Fernández

Buscas algo concreto?

Fechas

Seleccione período o rango de fechas:

Desde:

Hasta:

Opciones

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión