Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cultura Coruña

Campamentos de verán 2018

Cando:

Dende o 25/06/2018 ata o 31/08/2018

Inscricións:

Dende o 02/05/2018 ata o 04/05/2018

Prezo:

35 euros por participante e quenda.

Ampliación de horario: 5 euros

Documentos:

Información e folla de inscrición (140 KB)

Listaxe correcto adxudicados online FORUM (46 KB)

Número sorteo FÓRUM: 407 Número sorteo ÁGORA: 453

A chegada do verán dános a posibilidade de contribuír ao desenvolvemento dos/as máis pequenos/as, permitíndonos gozar, e á vez aprender, de valores como o respecto, o compañeirismo, a solidariedade... con ricas e variadas experiencias, á vez que coñecen e participan do día a día da nosa cidade. Con todo o que nela se percibe e vive, formando parte da nosa vida cotiá.

Desta maneira, os campamentos municipais de Ágora e Fórum pretenden que os nenos e as nenas da Coruña teñan a posibilidade de ocupar parte do seu tempo de lecer a través de todo tipo de actividades motrices, actividades relacionadas coa animación teatral, a música, actividades plásticas, de expresión oral e escrita, de lóxica e matemática... tendo como principal obxectivo a relación grupal entre as/os participantes e o goce e descubrimento da súa contorna urbana.

O Concello da Coruña presenta unha variada oferta, cun equipo de persoas educadoras altamente cualificadas, o seu económico prezo converten esta actividade nun máis que interesante reclamo para dar resposta ás necesidades das familias unha vez finalizado o curso escolar.

PERSOAS DESTINATARIAS:

Nenas e nenos nados entre os anos 2006-2014, ambos os dous incluídos.

Resultado sorteo Campamentos Verán FÓRUM 2018

CANDO:

Desde o 25/06/2018 ata o 31/08/2018

PREINSCRICIÓNS:

Desde o 02/05/2018 ata o 04/05/2018

Preinscricións online campamentos Forum

Preinscricións online Campamentos Ágora

INSCRICIÓNS:

Desde o 09/05/2018 ata o 11/05/2018

DURACIÓN E HORARIO:

Quendas de 2 semanas, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas

As familias que o desexen poderán solicitar, no momento da preinscrición, a ampliación de horario de 9.00 a 10.00 h.

Realizarase unha pequena pausa de 11.45 a 12.00 h para tomar un almorzo, que traerá cada participante.

O último día da quenda do campamento, o horario prolongarase ata as 17.00 h para realizar unha xornada de convivencia na que cada participante levará a súa comida.

QUENDAS E TEMÁTICAS:

1ª quenda: do 25 de xuño ao 6 de xullo; "As viaxes extraordinarias"

2ª quenda: do 9 de xullo ao 20 de xullo; "Trasnos e encantos da nosa terra"

3ª quenda: do 23 de xullo ao 3 de agosto (o día 25 de xullo non teremos campamento); "A Coruña, cidade medieval".

4ª quenda: do 6 de agosto ao 17 de agosto (o día 15 de agosto non teremos campamento); "Aqueles marabillosos anos"

5ª quenda: do 20 de agosto ao 31 de agosto; "As claves das aves".

Calendario

Busca de eventos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?