Divírtete e aprende.
Dende o 29/11/2013 ata o 13/12/2013
Xa rematou
Dende o 09/12/2013 ata o 13/12/2013
A oferta de actividades que presentamos busca cubrir parte do tempo de lecer do período do Nadal dos nenos e nenas da nosa cidade a través de todo tipo de actividades motrices, producións plásticas, musicais, teatrais, de expresión oral e escrita... tendo como principal obxectivo a relación grupal entre as/os participantes, ademais de dar resposta ás necesidades das familias nestes días de descanso escolar.
DURACIÓN
Días: 23, 26, 27 e 30 de decembro do 2013 e 2, 3, 7 e 8 de xaneiro do 2014.
COTA
35 euros por participante e quenda. Ampliación de horario: 5 euros.
PARTICIPANTES
Poderán participar os nenos e as nenas nacidos entre 2001 e 2010, agrupados por idades.
A actividade non conta con profesionais de apoio para nenos con necesidades educativas específicas.
INSCRICIÓN/DATAS
Día 9 de decembre mediante inscrición directa por rigorosa orde de chegada.
Horarios: A inscrición terá lugar na conserxería do Fórum Metropolitano, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.
TEMÁTICA
As cores da natureza e os seres fantásticos que habitan nela darannos xogo para deseñar as nosas propias historias animadas. A través de distintas técnicas de debuxo, creacións de plastilina ou técnicas de animación tan variadas como o stop-motion,… deseñaremos as nosas propias historias e compartiremos todas estas experiencias cos nosos novos compañeiros e compañeiras de xogos.
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible