Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos urbanos de Nadal 2023 Fórum e Ágora

Durante este campamento de Nadal no Fórum e no Ágora descubriremos unha morea de segredos dese compañeiro que temos: o papel.

A quen vai dirixido?:

Nenas e nenos nadas/os entre 2012 e 2019, agrupados por idades. Número de prazas en cada centro: 150, distribuídos en 9 grupos por idades.

Reservarase o 5% das prazas para solicitantes con diversidade funcional nun grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias. No caso de que haxa maior demanda deste tipo de prazas, valorarase individualmente cada unha das solicitudes.

A quen vai dirixido:

Infancia

Cando:

Dende o 22/12/2023 ata o 05/01/2024

Xa rematou

Inscricións:

PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN  

Horario:

Ordinario: das 10.00 ás 14.00 h

Coa posibilidade de ampliación horaria, para a conciliación familiar:

Opción A: das 10.00 ás 14.30 h

Opción B: das 9.00 ás 14.00 h

Opción C: das 9.00 ás 14.30 h

Opción D: das 8.30 ás 14.00 h

Opción E: das 8.30 ás 14.30 h.

As modalidades de ampliación horaria só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes.

Haberá unha pausa das 11.45 ás 12.00 h, para a merenda, que cada participante traerá da súa casa.

Prezo:

Campamento, con horario ordinario: 35,00 €

Para as opcións con ampliación horaria:

Opción A: 38,00 €

Opción B: 40,00 €

Opción C: 42,50 €

Opción D: 42,50 €

Opción E: 45,00 €

Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o campamento, só se devolverá o seu importe se se cobre a praza con outra persoa solicitante.

Requisitos:

Abrirase o día 29 de novembro, a través deste FORMULARIO, que tamén se pode atopar na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura,

A inscrición é directa ata cubrir as prazas.

Todo o proceso será telemático.

- Unha vez enviado o formulario, no momento recibirá un primeiro correo electrónico co xustificante da recepción da información indicada no dito formulario.

E, nun prazo máximo de 24 horas, un segundo correo de Serviplustotal S.L. coa confirmación da praza (se se fai a inscrición na fin de semana, será ao longo do seguinte luns).

Revise a carpeta de correo lixo ("spam") eses días, por se acaso.

- Cando nese segundo correo reciba esa a confirmación da praza, ten que realizar o ingreso do importe correspondente á modalidade horaria elixida, no seguinte número de conta do BBVA: ES39 0182 5778 0902 0158 4988.

- Unha vez aboado, terá que enviarnos desde a súa conta un correo electrónico a forumagora@serviplus.org co xustificante da transferencia ou unha captura de pantalla dela, onde poidamos cotexar que o pago é correcto (xa que por cuestións relacionadas coa protección de datos, non temos acceso á información bancaria das persoas que fan o ingreso, e os xustificantes da recepción das aplicacións dos diferentes bancos non sempre facilitan os datos que requirimos, xa que nalgúns só se envía o nome da persoa titular da conta, sen indicar o concepto da transferencia).

O prazo para o envío do correo co xustificante bancario remata o 10 de decembro. A partir do luns 11 de decembro poderanse inscribir novas persoas participantes ata completar as prazas ofertadas, se quedan vacantes. No caso de que finalmente non poidan asistir ao campamento non se farán devolucións.

+ INFORMACIÓN

Dous días antes do comezo do dito campamento enviarase por correo electrónico, ao enderezo desde o que se realiza a inscrición, toda a información relacionada co funcionamento do dito campamento.

Se precisan máis información poden solicitala:

• a través do servizo telefónico gratuíto 010 ou

• nos correos electrónicos: forumagora@serviplus.org / imceocio@coruna.gal

As nenas e nenos xogan co papel desde que veñen a este mundo. Pintan criaturas fantásticas, escriben contos máxicos, recortan siluetas, crean arte de xeito creativo... O papel sempre é testemuña de todo o que esas mentes crean e todo o que lles pasa no seu día a día. Descubrirán quen o inventou, como se fai, os distintos tipos que hai e moitas outras cousas que nos servirán para xogar e para traballar, coma sempre, dun xeito transversal cuestións relacionadas coa diversidade, a tolerancia e a igualdade.

LUGARES E DATAS

No Fórum Metropolitano ou no Centro Ágora. Os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro do 2023 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro do 2024.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión