Concello da Coruña

Concello da Coruña

Carlos Casares, imaxe e cinema (Conferencia)

Con motivo da Exposición temporal "CARLOS CASARES. IMAXE E CINEMA, DÚAS MIRADAS" que se pode visitar nestes días na casa Casares Quiroga , celebrarase unha Conferencia o martes 26 de xuño ás 19,30 h na biblioteca desta casa museo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/06/2018

Xa rematou

Horario:

19.30 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Intervirán: 

- J.Manuel Sande , Concelleiro de Cultura

- Lara Bacelo.- Fotógrafa, cineasta e comisaria da exposición "Carlos Casares e o cinema"

- Håkan Casares Berg.- Fillo do escritor e administrador da Fundación que leva o seu nome.

- Gustavo Adolfo Garrido.- Secretario de Fundación Carlos Casares e comisario, xunto con Vítor Vaqueiro, da expo "Carlos Casares e a fotografía". 

"Non son raros os escritores que véndose atraídos pola fotografía actuaron como fotógrafos amadores, deixando, nalgún caso, imaxes de calidade memorable. Eduardo Blanco Amor, por exemplo, sobre cuxa afección a editorial Galaxia ten publicado, hai anos xa, un libro-catálogo ao redor dunha exposición itinerante. Ou Gonzalo Torrente Ballester, de quen tamén se fixo unha mostra. Julio Cortázar é outro exemplo, que ademais escribiu sobre esta arte comparando unha boa fotografía e un conto. Carlos Casares foi tamén atraído pola fotografía, e polo cinema. Ao contrario que Torrente e Cortázar, en Casares non exíste relación entre as súas fotos e a súa literatura. A Casares,como a Blanco Amor, interésalle máis rexistrar os momento das viaxes, a xente; é sobre todo documentalista, como se pode ver nesta exposición. Se buscásemos a relación das súas fotos cos seus escritos non chegaremos alén d' Á marxe, dese xornalismo literario que tan ben cultivou." 

[Extracto dun texto inédito de Gustavo Adolfo Garrido sobre Carlos Casares fotógrafo].

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión