Convertido en todo un referente internacional da música celta, reivindica desde hai máis de dúas décadas a importancia da nosa música popular. Carlos Núñez aposta pola música celta como banda sonora da historia do noso país, con concertos que van máis aló dos circuítos e xéneros estándar.
Para público en xeral
27/12/2019
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
27'00, 23'00, 19'00, 13'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
Vemos ao noso ao redor como se lle deu as costas ao patrimonio rural, que actualmente está a recobrar o seu valor. Como se está demostrando, boa parte desta tradición, que inclúe unha riqueza musical digna de ser coñecida e gozada, é unha herdanza milenaria. A visión de Carlos das músicas celtas como amables e inclusivas pero tamén históricas, profundas e merecedoras de respecto, poñerase de relevo coa interpretación dalgunhas das composicións celtas de Beethoven, a poucos meses de que se cumpra o seu 250 centenario.
Este ano, o mago das gaitas e as frautas traerá sorpresas, colaboracións con músicos e farannos viaxar pola esencia da música celta a través de países como Irlanda, Escocia ou Bretaña pero tamén polo mundo hispánico que forma parte do mundo celta. Carlos Núñez está considerado como un músico extraordinario, dos mais serios e brillantes do mundo, pero tamén é un Artista con maiúsculas: o seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, traspasando con moito os límites habituais dos seus instrumentos. A xa tradicional xira de Nadal do gaiteiro percorrerá os principais teatros e auditorios do país.
Son moitos os premios e nomeamentos que o avalan: Un Grammy polo disco gravado cos seus mestres The Chieftains; dous nomeamentos aos Grammys Latinos; Premio Ondas ao mellor directo e o Premio da Crítica Alemá, Preis diere Deutschen Schallplattenkritik. Nos seus discos participaron Luz Casal, The Waterboys, Jackson Browne, Ry Cooder e Roger Hodgson de Supertramp e compartiu escenario con primerísimas figuras tales como Bob Dylan, Sinéad O'Connor e The Who.
Venda de entradas
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Web: https://www.ticketea.com/entradas-concerto-carlos-nunez-en-concerto-teatro-rosalia-castro/
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible