O Centro Oceanográfico da Coruña é un dos nove centros costeiros do Instituto Español de Oceanografía (IEO).
Para público en xeral
Dende o 05/11/2018 ata o 22/11/2018
Xa rematou
De 8.00 h a 20.45 h
Libre
Centro Oceanográfico da Coruña, en colaboración co Concello da Coruña.
981 205 362
Correo electrónico: ieo.coruna@ieo.es
Institución dedicada á investigación en ciencias do mar, especialmente no relacionado co coñecemento científico dos océanos, a sustentabilidade dos recursos pesqueiros e o medio ambiente mariño.
O Oceanográfico coruñés fundouse en 1968, polo que este ano cumpre os seus primeiros 50 anos de vida. Dentro dos actos de celebración do cincuentenario, organízase a exposición Centro Oceanográfico da Coruña: 50 anos explorando o mar, en colaboración co Concello da Coruña. Nela repasarase a traxectoria desta institución. Na mostra exhibiranse distintos aparellos de mostraxe e de laboratorio, así como coleccións de animais mariños e paneis explicativos das funcións deste centro de investigación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible