Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Cinco horas con Mario

Por motivo da enfermidade de Lola Herrera suspéndense as funcións previstas para os días 1, 2 e 3 de xuño. A devolución das entradas farase ata o 1 de xullo, pola mesma canle pola que foron adquiridas. Está previsto realizar estas funcións en datas do próximo ano aínda sen determinar.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/06/2018 ata o 03/06/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

90 minutos (sen intermedio)

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, ou persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

De Miguel Delibes (adaptación de Miguel Delibes, Josefina Molina, José Sámano)

Estamos en marzo de 1966. Carmen Sotillo acaba de perder o seu marido Mario de forma inesperada. Unha vez que as visitas e a familia se retiraron, ela soa vela durante a última noite o cadáver do seu marido e inicia con el un monólogo-diálogo no que descubrimos as súas personalidades e os conflitos do seu matrimonio. Cunha forma entrecortada, detallista ao mínimo, reiterativa e chea de tópicos, Carmen Sotillo di cousas, manifesta sentimentos e emite xuízos que a moitas persoas hoxe poden parecerlles incribles. Pero damos fe de que esa linguaxe existía, de que eses xuízos emitíanse, de que esas "cousas" de Carmen estaban na vida de todos os días. "Cinco horas con Mario" é, entre outras moitas cousas, un documento vivo deses anos. Das preocupacións económicas, relixiosas, políticas, sexuais e morais entón imperantes que Delibes, a través da linguaxe da súa protagonista, deixou retratadas con nitidez, de forma que a vida española de entón chega a palpitar viva nas súas palabras. Pero, por encima de todo isto, "Cinco horas con Mario" fálanos dos asuntos eternos do ser humano: da culpa, da soidade, da incomunicación, do sentido da vida. Como sempre en Delibes partindo dun localismo concreto encarna nos seus personaxes e nos seus conflitos as realidades máis profundas e complexas que condicionan a nosa vida.

Con Lola Herrera

Dirección: Josefina Molina

Sabre Producciones e Pentación Espectáculos

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Para merar entradas para o venres 1 prema aquí

Para mercar entradas para o sábado 2 prema aquí

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión