Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: El principito

Teatro de La Abadía en colaboración do Theater an der Ruhr, a partir de Le petit prince de Antonie de Saint-Expéry.

Cando:

Os días 19/04/2013 ás 20:30 , 20/04/2013 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

70 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

Televenda:

Ataquilla.com

Que ocorrería se o pequeno príncipe de Saint-Expéry non fose interpretado por un raparigo senón por un actor en idade de facer de Rei Lear (José Luis Gómez) que se prepara para a súa última viaxe? No camiño atópase cun aviador, unha rosa, un rei, un raposo, unha serpe... (todos interpretados pola luminosa actriz Inma Nieto) e cada un axudaralle a descubrir unha cousa nova.

Cun sorprendente xogo de clowns, Roberto Ciulli (director italo-alemán, fundador do emblemático Theater an der Ruhr) transforma a inocencia do conto orixinal en agridoce lucidez. Este espectáculo desposuído de todo o accesorio, retomando así á esencia do teatro, máis que dun neno que se vai a un planeta estraño, trata dun home que se sente estraño no seu planeta.

Esta nova produción de La Abadía nace a partir do espectáculo Der kleine Prinz, estreado no 2000 polo Theater an der Ruhr (Mülheim, Alemaña), que o segue mantendo en repertorio, con Ciulli no papel do Principiño e María Neumann como aviador, rosa, rei, vanidoso, home de negocios, investigador, raposo, serpe...

Con José Luis Gómez, Inma Nieto

Dirección: Roberto Ciulli

Compañía: Teatro de La Abadía en colaboración do Theater an der Ruhr

Duración aproximada: 70 minutos

Funcións: 20.30 horas

Entradas: 18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

*Venda de entradas soltas a partir do 7 de xaneiro

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 horas.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 12 a 14 e de 18 a 20 horas.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión