De Emilio del Valle
Para público en xeral
Dende o 10/05/2024 ata o 11/05/2024
20.30 h
75 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14,00 €; 10,00 €; 8,00 €; 6,50 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
*Todas as persoas que accedan ao recinto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan.
No escenario un actor, unha actriz e un músico. De idades parecidas, constrúen dous personaxes dos que entran e saen permanentemente: unha parella que se acaba de separar despois dunha longa convivencia na que ambos soñaron acabar as súas vidas xunto ao outro.
Teñen unha filla, que fai que esa separación non sexa tal, e que a famosa frase do rito católico adquira todo o seu vigor: "ata que a morte nos separe". O actor e a actriz falarán de amor e de costume; de diñeiro, de fillos, do pasado, presente e futuro destas persoas; de soños que se fían e rompen; de amor; de verdade e mentira; de facer as cousas mal podendo facelas ben; do que o orgullo non che permite dicir; de fracaso; de aprendizaxe; de esperanza...
Hasta que la muerte nos separe reflexiona sobre a parella como constructo social, cultural, económico e relixioso. A filla é obxectivo, pegamento, escusa, xustificación pero, finalmente, sempre ocupa o terceiro lugar. A sociedade evoluciona; a idea occidental da familia, non.
A maioría das parellas que rompen, rompen antes de que a morte separe.
Con: Jorge Muñoz, Rosa Manteiga / Lidia Palazuelos
Músico: Nacho Vera (Capitán Bazofia)
Dirección: Emilio del Valle
Produción de [in]constantes teatro
Venda de entradas
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h
* Programación para persoas adultas. Idade recomendada a partir de 14 anos
* Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible