De Cándido Pazó
Para público en xeral
Dende o 07/02/2020 ata o 08/02/2020
Xa rematou
20.30 h
70 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
Tres actores. Tres cans. Ou tres actores que fan de can. Sen deixar de seren actores. Sen deixar de seren cans. Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto. Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus malestares, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos... pero liberdade. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. Ou segundo a súa canalidade. E todo vai derivando cara a unha traxedia... que nunca deixa de ser comedia. Comedia absurda. Comedia paródica. Comedia metafórica.
Con Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo
Dirección: Cándido Pazó
Compañía: Talía Teatro
*Venda de entradas soltas a partir do 10 de xaneiro
Despacho de billetes Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía Castro: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible