Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Sen Numerar - Ultranoite

É un formato de espectáculo inventado e desenvolto na Sala Nasa de Santiago ao longo dos últimos 20 anos.

Cando:

Os días 20/04/2013 ás 23:00 , 19/04/2013

Xa rematou

Horario:

23.00 h.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

15'00 euros (prezo único).

Despois do éxito conseguido na Coruña o pasado mes de outubro, cando Chévere levou por primeira vez Ultranoite ao Fórum Metropolitano, agora repetimos para seguir compartindo co público da Coruña unha noite única de teatro e música en vivo, de humor e crítica, mantendo un formato de espectáculo de variedades que lle permite ao público sentar nunha mesa e beber mentres asiste a unha sucesión de sketchs cómicos e números musicais que fan escarnio da actualidade. Ultranoiteas connosco?

Nesta ocasión, a Ultranoite vai facer un exercicio moi teatral: achegarse á actualidade dende a perspectiva da figura e da obra de Roberto Vidal Bolaño, home de teatro e compañeiro de andanzas cabareteiras a quen este ano se dedica o Día das Letras Galegas. Ultranoite non podía pasar por alto o feito de que un dos seus habitantes chegase a obter esta honra. E a canalla do teatro galego tampouco podía deixar pasar a ocasión para reivindicar a parte máis vándala, incorrecta e tediosa dun autor e dunha persoa como Vidal Bolaño. Que faría Roberto con toda esta lea de sotanas que rodea a catedral de Santiago, el que tanto quixo falar de intrigas catedralicias? Que pensaría de todo o que sucedeu na vida cultural galega dende que morreu? Como se tomaría isto de que lle dedicasen o Día das Letras Galegas a el antes que a Carlos Casares? E como actuaría diante do esperpento no que se converteu o concello de Compostela onde naceu? Podería ser Bárcenas outra máis das súas Criaturas? De que presos falaría agora? A que políticos elixiría como obxectivo da súa ira teatral? Con que cancións se arrouparía?



Compañía: Chévere Teatro.

Coa participación entre outros de: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Iria Pinheiro, Arantza Villas.

Músicos: Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián.


Funcións: 23.00 horas

Entradas: 15'00 euros (PREZO ÚNICO)


VENDA DE ENTRADAS

- Venda anticipada: www.redenasa.tv

- Despacho do Fórum: unicamente días de función, dende unha hora antes (pagos en efectivo).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión