Concello da Coruña

Concello da Coruña

CIDEA - CURSO DESESCRIBIR

Desescribir non é o contrario de escribir, igual que desdibujar non é o non de debuxar. Desescribir é o momento previo de cada novo inicio e o instante final de cada novo relato. Para desescribir necesítase un lapis e unha goma de borrar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/02/2015 ata o 22/02/2015

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Documentos:

Formulario Inscrición (345 KB)

Desescribir é un estudo galego de deseño gráfico e editorial formado por Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez, ambos os dous arquitectos de formación.

Para eles desescribir é a maneira que temos de expresar un desexo e unha necesidade: a de cuestionar, poñer en dúbida e, cando é posible, repensar a realidade. Ás veces, haise sorte, desescribir é tamén descubrir. Cremos que os libros aínda conservan a capacidade de xerar asombro e fascinación, que seguen alumando ideas, emocións e espazos escondidos para ser descubertos.

Na primavera do 2012 botaron a andar un proxecto editorial de nome Fabulatorio, laboratorio editorial onde experimentan nas capacidades que ten o libro como obxecto para comunicar significados, investigando na relación íntima entre a súa forma e a transmisión e a posta en valor do seu contido.

Fabulatorio nace co compromiso de producir dunha maneira responsable, coa pequena e mediana industria local, optimizando procesos e publicando tiradas reducidas con prezos de venda alcanzables, buscando sempre conseguir resultados gráficos e editoriais de calidade..

A dimensión do local está presente tamén nos contidos, tanto como espazo de difusión para autores e creadores galegos, como na investigación en temas e ideas que consideran de interese no contexto galego, sen renunciar a que reverberen do mesmo xeito noutros lugares e noutras realidades. Forman parte desde o 2011 da Asociación Galega de Deseñadores (DAG).

Os traballos de Desescribir foron premiados en numerosas ocasións, tanto a nivel nacional como internacional. O cartel que fixeron para o V Premio de Arquitectura Enor foi premiado cun Laus Prata no 2012. O libro El xardín en movemento e os elementos coordinados para arquia/próxima recibiron un Laus bronce no 2013, e o poemario kleinigkeiten/cousiñas no 2014. O fotolibro Ostalgia foi galardoado nos d&ad awards 2014 e recibiu o premio «Mellor libro de fotografía do ano» na categoría nacional do PHotoEspaña 2014

Inscricións abertas para o próximo curso CIDEA Coruña a cargo do colectivo DESESCRIBIR.
+info: http://www.cidea.gal/desescribir



Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión