Concello da Coruña

Concello da Coruña

CIDEA - Taller María Barros

Maria Barros (A Coruña, 27 de xaneiro de 1980) estudou Deseño de Moda no Instituto Europeo di Design de Milán, cuxa tese dirixe a directora de Vogue Italia, Franca Sozzani.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 15/04/2015, 16/04/2015, 17/04/2015, 08/04/2015, 09/04/2015

Xa rematou

Con 21 anos obtén o premio Moët&Chandon Young Fashion Award á mellor deseñadora nova europea, outorgado pola Camera Nazionale della Moda Italiana.
Tras traballar con deseñadores como Roberto Cavalli en Florencia, Modesto Lomba en Madrid ou Pupi Solari en Milán, crea a súa propia firma.
Dende entón presentou as súas coleccións en diferentes pasarelas internacionais, como a Pasarela Gaudí ou a Semana da moda de Milán. 
Dende febreiro do 2009 desfila na Mercedes-Benz Fashion Week Madrid.
Nese mesmo ano, a revista Capital publica a listaxe dos 100 mozos máis prometedores de España, e sinala a deseñadora galega como unha das personalidades máis influentes do país e primeira dentro do ámbito do deseño. Así mesmo, no 2011, o xornal nacional La Razón, sitúa a María Barros no ránking dos 50 mozos máis influentes do panorama nacional.
María Barros concibe o deseño como un estudo multidisciplinar. Por iso, de forma paralela, colabora noutros campos. Nace así a colección de mobiliario Couture, na que os seus conceptos de moda fusiónanse para ser globais e entendidos baixo o pensamento do interiorismo.
Así mesmo, María Barros vestiu campañas publicitarias de firmas como Carrera&Carrera, a xoiería Suárez, Maybelline NY ou Freixenet, así como deseñar coleccións cápsula para outras marcas, por exemplo a realizada para a firma de complementos Hazel: Hazel by María Barros, asinando así a primeira Joint Venture da firma con deseñadores do panorama nacional.
Igualmente, María Barros deseñou baixo o seu propio nome para firmas como Barbie, Lomography ou ancy.
No 2012, María Barros entra a formar parte de ACME (Asociación de Creadores de Moda de España). Neste mesmo ano, María Barros é deseñadora nomeada e finalista no prestixioso International Woolmark Prize na súa edición de Europa.
O traballo de María Barros publicouse nos libros Los nombres imprescindibles de la moda española e Moda Retro. Así mesmo, o seu traballo está presente en exposicións como "La moda es sueño. 25 años de talento español" no Museo Cerralbo, "Una visión íntima de la moda española" no Palacio de Cibeles e no Museo do Traxe de Madrid, dentro da exposición permanente de deseñadores contemporáneos.
Igualmente, María Barros colabora con diferentes escolas de moda a través da realización de diferentes workshops e masterclass, por exemplo o ISEM Fashion Business School, a  Escola de fotografía EFTI (dentro do Máster Internacional de fotografía de moda)  ou na Universidade Francisco de Vitoria, onde imparte clases na carreira de Deseño.
En febreiro do 2014, María Barros resulta por terceiro ano consecutivo finalista no concurso Who´s on next de Vogue España, que premia  o deseñador revelación do ano. Así mesmo, neste mesmo ano concédeselle o Dedal de Ouro da man de Beatriz de Orleáns.
Na actualidade, as súas coleccións están presentes en diferentes tendas multimarca.

http://www.cidea.gal/maria-barros/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión