A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.
Todos os públicos.
Para público en general
Desde el 22/01/2024 hasta el 26/01/2024
Ya ha finalizado
15:00 h a 21:00 h
5 días
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña.
Na exposición preténdese explorar esa interacción dinámica das conexións entre a arte e a ciencia, para establecer visións integradas e integradoras, para iso selecciónanse obras e autores representativos de distintos movementos artísticos ao longo do tempo.
Nesta ocasión a viaxe iníciase na arte celta e céntrase especialmente en movementos artísticos dos últimos séculos para rematar con obras de arte dixital 3D, de Manuel Díaz Regueiro, recentemente expostas en congresos internacionais.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible