Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Mayúscula - 21 de marzo

Coruña Mayúscula celebrará o Día Mundial da Poesía.

Cando:

21/03/2013 ás 23:00

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Documentos:

folleto.pdf (1 MB)

11 a 12 h. Recital
Dentro do programa “Coruña educa”, coordinado pola Concellería de Educación da Coruña, ofrecerase este recital para alumnos de Ensino Secundario que pretende mostrar a heteroxeneidade de voces e a frescura da literatura actual dentro e fóra de Galicia. Participan: Kepa Murua (Zarautz, 1962), Ada Salas (Cáceres, 1965) e Yolanda Castaño (Compostela, 1977).

18 a 20 h. Talleres
Os talleres de creación son unha ferramenta de grande éxito á hora de comunicar, ou polo menos de transmitir, os principios teórico-prácticos de calquera das artes. Dentro do Festival CoruñaMayúscula 2013 desenvolveranse dous talleres:
Taller de relato con Ángel Zapata
Taller de poesía con Gonzalo Escarpa
Ambos os talleres terán unha duración de 6 horas, repartidas en 3 xornadas (xoves, venres e sábado). Horario: 18 a 20 horas.

20.00 Entrevista/lectura
Literatura con Maiúsculas. Manuel Rivas realizará unha viaxe literaria vital pola súa obra, combinado coa lectura dalgúns dos seus textos favoritos. Unha gran oportunidade para saborear a palabra en estado puro, en todos os sentidos. Presenta María Canosa.

21:00 Recital
Auto(nomía). Continuamos celebrando o Día Mundial da Poesía cun recital onde se mostrará a riqueza e variedade do acto poético na actualidade. Participan: Kepa Murua (Zarautz, 1962), Gonzalo Escarpa (Madrid, 1977), Carmen Camacho (Alcaudete, Xaén, 1976), Pablo García Casado (Córdoba, 1972), Doures Tembrás (Bergondiño, 1979) e Ada Salgas (Cáceres, 1965)

22.00 Micrófono aberto
Para terminar a celebración do Día Mundial da Poesía, CoruñaMayúscula 2013 rematará esta noite poética ofrecendo o seu escenario a todo aquel que o desexe. Micrófono aberto! Só hai un requisito, inscribirse previamente.

Celebra connosco o Día Mundial da Poesía. Nós poñemos o micrófono, ti a creatividade. Podes ler algo propio ou o teu texto favorito. Tes algo que dicir? Apúntate enviando un correo a palabra@coruñamayuscula.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión