Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coruña Mayúscula - 23 de marzo

Nova xornada de Coruña Mayúscula cunha mesa redonda: A escrita galega, unha literatura invisible?

Cando:

23/03/2013

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Documentos:

folleto.pdf (1 MB)

18 a 20 h. Talleres
Continuación dos talleres de relato e poesía.

20.00 h. Mesa redonda
A escrita galega, unha literatura invisible? CoruñaMayúscula 2013 reflexiona sobre a literatura galega actual e a transcendencia dos seus autores máis aló das nosas fronteiras. Participan: Luis G. Tosar (Bos Aires, 1952), Ramón Nicolás (Vigo, 1966) e Tucho Calvo (La Guaira, Venezuela, 1954).

21.00 h. Proxección
MADATAC é un evento internacional independente e gratuíto, único en España, que ten como obxectivo servir de plataforma para videoartistas e creadores audiovisuais que busquen renovar a linguaxe da narrativa cinética convencional. Dentro do CoruñaMayúscula 2013 proxectaremos unha selección das vídeocreacións que, a xuízo do seu director, Iury Lech, están máis relacionadas coa palabra.

22.00 h. Recital
Loopoesía 2013: Los lotófagos é un espectáculo multidisciplinar ideado por Jordi Corominas. Este ano o proxecto parte do seu poemario Los lotófagos, 601 versos encadeados que Corominas recita en directo acompañado de mesturas musicais, proxeccións audiovisuais, escenografías e actuación teatral da súa propia colleita. 47 minutos de vertixe, reflexión e diversión que apostan por lle quitar á poesía a súa solemnidade para achegala ao público.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión