Concello da Coruña

Concello da Coruña

Déborah Vukusic: caderno de batallas. Poemas & photo-trip

Conferencia de Déborah Vukusic, sobre o seu poemario, no que retrata o desmembramento da antiga Iugoslavia e o da súa familia.

Cando:

15/11/2012

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta.

 

Documentos:

Deborah-Vukusic_RAFAGAS_Centro-Agora.pdf (434 KB)

Que ocorre cando o inimigo está tan preto que se leva no propio sangue? Déborah Vukusic, metade galega e metade croata, escribe no 2008 "Guerra de identidad", poemario no que retrata o desmembramento da antiga Iugoslavia e o da súa familia. O seu pai, membro activo na Guerra dos Balcáns, é o desencadeamento para esta viaxe emocional, que se fragua oscilante entre a memoria individual e a histórica.

Déborah Vukusic. "Guerra de identidad" e "Perversiones y ternuras" son os seus dous poemarios. Estes e outros textos aparecen recollidos nunha ducia de antoloxías de narrativa e de poesía. Foi traducida ao inglés, francés, grego, croata e portugués. Na súa faceta como actriz traballou en cinema, teatro e televisión e participou en numerosos festivais performáticos nacionais e internacionais.

Presenta Cristina Ameijeiras Saiz, directora da Biblioteca Municipal Ágora.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión