Concello da Coruña

Concello da Coruña

Escritores expostos - fotografías de Asís G. Ayerbé

Aquel que decida dar un paseo polo vestíbulo do Ágora da Coruña atoparase cos retratos de escritores como Antonio Muñoz Molina, Clara Sánchez, Enrique Vila Matas, Yolanda Castaño, Ramón Pernas, Dai Sijei, Marc Fumaroli, Erri de Luca ou Tomas Tranströmer, entre outros.

Cando:

Dende o 05/03/2013 ata o 31/03/2013

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

A exposición fotográfica "Escritores expostos" está formada por máis de 30 retratos de autores expostos á luz e á escuridade, a diferentes temperaturas de cor, a varias velocidades, en contextos que identifican a súa obra ou a súa persoa, ás ideas que xurdían no encontro co fotógrafo e ás miradas dos que por alí pasaban. Nalgunhas ocasións, os escritores expóñense.

Son retratos atípicos, retratos que mostran a estes autores cunha complicidade pouco habitual nas fotografías que poden verse deles. Segundo Asís G. Ayerbe, o autor destes retratos, “estes contextos identifican a súa obra ou a súa persoa, pero tamén as ideas que xurdían no encontro co fotógrafo e a súa mirada”.

Asís G. Ayerbe naceu en Valladolid en 1978, pero axiña se trasladou a vivir a Burgos e actualmente reside en Madrid. A súa carreira profesional desenvolveuse no ámbito da fotografía, o deseño gráfico, os medios audiovisuais e a edición de libros, revistas e catálogos. Fundou e dirixiu a revista Entelequia e a editorial Los Duelistas. Como fotógrafo, colaborou con xornais como La Vanguardia, El País e principalmente coa revista Qué Leer, así como con diversas editoriais, case sempre con fotos de escritores. Unha selección do seu traballo fotográfico pódese ver en www.lacarreteradelacosta.com

Esta exposición, que estará todo o mes de marzo no Centro Ágora da Coruña, é a primeira actividade do Festival CoruñaMayúscula 2013 que, nesta segunda edición, “pretende consolidar A Coruña como unha cita anual para os creadores, un escaparate para os consumidores de palabras e un espazo de intercambio de experiencias”.

Talleres gratuítos de relato e de poesía, charlas, coloquios, lecturas, videoarte, cinema, teatro e performance traerán á Coruña máis de 25 autores do mércores 20 de marzo ao domingo 24 de marzo de 2013.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión