Concello da Coruña

Concello da Coruña

Esperando a Godot en Sarajevo. Proxección & representación teatral

O documental transcende os límites dunha película sobre a obra de teatro e móstranos a cidade de Saraievo durante a guerra.

Cando:

21/11/2012

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta.

Godot Sarajevo. Documental. No verán do 93, Susan Sontag visitou por segunda vez a cercada e destruída cidade de Saraievo. Durante a súa estancia puxo en escena a obra Esperando a Godot de Samuel Beckett cun grupo de actores da capital bosníaca. O director P. Zalica e o cámara A. Imamovic seguiron o seu traballo dende o primeiro día ata a estrea da obra. O documental transcende os límites dunha película sobre a obra de teatro e móstranos a cidade de Saraievo durante a guerra a través da vida dos actores e do persoal do teatro nun chamamento á axuda internacional e como representación máxima do absurdo da guerra.

Duración: 35 minutos.

Á espera de Godot. Teatro. Agrupación teatral VALACAR da Asociación Cultural de Cegos e Deficientes Visuais da Coruña. Patrocinado pola ONCE.

Vladimir (Didí) e Estragón (Gogó) están ao bordo dun camiño esperando a Godot. Parecen dous vagabundos que pasan o tempo conversando, e ás veces discutindo. Esta conversa verase interrompida por distintos personaxes: un neno que trae un recado de Gidot, e o cruel e autoritario Pozzo co seu criado Lucky.

Dirección: Arturo López.

VALACAR naceu no ano 89 dentro da ONCE.  Foi a primeira compañía de cegos en Galicia e unha das primeiras de España. VALACAR participa dende o ano 1992 en xiras e festivais, en mostras  estatais de teatro para cegos (Barcelona, Canarias, Sevilla, Málaga, Valencia, A Coruña, Tarragona, etc.) e nalgunha mostra europea (Festival de Teatro e Terapia, Universidade de Lozd, Polonia).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión