"Eu queríame casare" é unha comedia total que relata a historia de dous auténticos perdedores que buscan a súa última oportunidade no amor.
Para público en xeral
09/03/2018
Xa rematou
21.00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
75 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
8,00 € (carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 6,00 €)
* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario del.
619.345.100
dinamo@dinamoxestion.com
Antón e Lola están cerca dos corenta anos e están buscando unha relación máis... menos... unha relación á que poder agarrarse como clavo ardendo antes de que pase o tren, se pase o arroz e pase... o que teña que pasar.
Coñécense nun destes programas televisivos de "cita a cegas", a cousa non funciona, pero Antón e Lola, Lola e Antón son de todo menos predicibles e pode rematar pasando calquera cousa. Poñámonos no peor.
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Autor: José Prieto
Elenco: Lucía Veiga e Pedro Brandariz
Escenografía e atrezzo: Eli Monteagudo
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Fórum: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible