Concello da Coruña

Concello da Coruña

Exposición - Francisco Lloréns

Francisco Lloréns (1874-1948) expón na Fundación Barrié.

Cando:

Dende o 10/11/2012 ata o 30/06/2013

Xa rematou

Enderezo:

Fundación Barrié. Rúa Cantón Grande 9.

Francisco Lloréns, profesor, pintor e debuxante, autor de magníficos retratos e ilustrador de temas variados, cobrou xusta fama como o primeiro paisaxista galego da historia da arte. Relacionado coa intelectualidade galaica e figura senlleira do Rexurdimento, está considerado como o mellor intérprete co pincel dos panoramas da "Terra Meiga", dos prados ás rías, das costas marítimas aos interiores boscosos e das rúas e monumentos das súas cidades históricas ás casas tradicionais e os xardíns dos pazos das súas comarcas máis fermosas. O libro recolle a análise e os comentarios individuais para cada unha das 59 obras que compoñen a colección de cadros.

No ano 1988 Eva Lloréns, filla do artista, dooulle á Fundación Barrié os 59 óleos e debuxos dos que consta a colección, tan extensa como representativa, do pintor coruñés. A exposición mostra unha coidada selección de obra significativa da traxectoria artística de Francisco Lloréns que arrinca co autorretrato da súa etapa romana, sen esquecer exemplos coloristas cunha marcada influencia sorolliana, ata obras realizadas en Galicia, incluíndo o seu último lenzo, La vela roja.

Máis información na web da Fundación Barrié

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión