Un traballo fotográfico de gran valor artístico e social do fotoperiodista Gervasio Sánchez, Premio Nacional de Fotografía.
Para público en xeral
Dende o 21/06/2018 ata o 29/09/2018
Xa rematou
Servizo de cafetería, recepción, despacho de billetes, tenda: luns a sábados (festivos incluídos) de 9.00 a 21.00 h. Domingos pechado
Exposicións: luns a venres de 17.00 a 21.00 h., sábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h. Domingos pechado
gratuíta
Baixo o título «Vida», o autor presenta un total de 65 imaxes bélicas sacadas en diferentes contextos políticos, xeográficos e temporais, que queren destacar o triunfo da vida sobre a traxedia. Instantáneas impactantes que podes coñecer ata o 29 de setembro na cidade herculina.
As imaxes, tomadas polo fotoperiodista e Premio Nacional de Fotografía Gervasio Sánchez en moi diversos tempos, lugares e contextos, mostran como a vida se sobrepón, como se manifesta no medio das ruínas da guerra e a morte, superándoas. Expresan a miúdo unha alegría paradoxal, lacerante, porque documentan a vida que se nega a ser aniquilada. Sánchez convértese así nun fotógrafo de vida, e esta visión enfoca todo o seu traballo e é o grande eixo temático desta mostra.
Ao contrario das súas exposicións e libros anteriores, aquí as imaxes non están divididas por tema, orixe ou data, como corresponde ao seu labor de reporteiro dedicado en especial a conflitos armados en todo o planeta. A pesar de ser un fotoperiodista de estatura mundial, esta mostra preséntao de forma diferente: destaca a un artista da imaxe.
Tan poeta como reporteiro, sen contradicións, Sánchez non busca o hedonismo, senón unha beleza con fío, capaz de potenciar e volver máis profundo o sentido de imaxes que nos mostran a traxedia da guerra e a violencia. Non crea unha estética destas desgrazas: critícaas a través do impacto da beleza e dos poderes cognoscitivos e comunicativos particulares da arte.
A exposición complétase coa proxección do documental "Imprescindibles. Gervasio Sánchez, testemuña de guerra." grazas á colaboración de RTVE.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible