O documental Frankenstein 04155 investiga as verdadeiras razóns polas que tivo lugar o descarrilamento do tren Alvia sucedido o 24 de xullo de 2013 en Santiago de Compostela.
Para público en xeral
07/05/2018
Xa rematou
19.30 h
Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada de balde ata completar o aforo
Este accidente supuxo a morte de 81 persoas e 140 feridos, entre os que se atopaba o maquinista e a tripulación. Tras as investigacións oficiais, o fiscal Antonio Roma sinalou como culpable absoluto ao maquinista do tren. Mediante unha serie de testemuños e documentos oficiais, o director Aitor Rei desvela toda a información que as autoridades tentaron ocultar sobre o caso. Un tren non homologado que viaxaba a máis de 200 km por hora, un peso superior ao autorizado, o sistema de freado desactivado, as palabras do propio Garzón confirmando o perigo que supoñía este transporte de alta velocidade... son só algunhas das probas que confirman que tras esta catástrofe non existe un único culpable.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible