Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Habemus Papam" de Nanni Moreti

'Habemus Papam' está dirixida por Nani Moretti, quen á vez interpreta a un psicanalista que lle intentará axudar a un papa en crise, ao que dá vida Michel Piccoli.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 01/06/2017, 02/06/2017, 03/06/2017

Xa rematou

Horario:

- xoves 20.30 h, venres 20.30 e 23.00 h e sábados 17.30 e 20.30 h.

* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3 euros (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 euros )

* Para acceder aos descontos é necesario presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

Sesións do espectador: venres 23.00 h e sábados 17.30 h. Prezo único: 1,50 euros.

Contacto:

Tel.: 981 184 293

Tras a morte dun Papa, bispos, arcebispos e cardeais de todo o mundo reúnense en conclave para elixir o seu sucesor. Despois de varias votacións infrutuosas, que se anuncian coa saída dunha fumareda negra, vese, por fin, a "fumata bianca" que indica que "habemus papam". Os fieis que se congregaron na praza de San Pedro esperan con entusiasmo e fervor que o novo pontífice, seguindo a tradición, se asome a unha das ventás que dan á praza. Con todo, esperan en balde. Por algunha razón, o novo Papa non parece estar en condicións de soportar o peso de tal responsabilidade. Mentres a inquietude se apodera do mundo católico, no Vaticano, búscase desesperadamente unha solución para superar a crise.

Con Margherita Buy e Michel Piccoli

Italia, 2011- 104 min (V.O.S. en castelán)

APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

Formato: 35 mm

* Festival de Cannes 2011: Sección Oficial a Concurso

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión