Concello da Coruña

Concello da Coruña

Leilía. "Anque me vou non me vou"

Anque me vou non me vou, que ben reflicte o noso sentir!

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/01/2024

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Venda anticipada ata o día 6 de xaneiro ás 23.59 h

Platea: 13,00 €

Palco: 10,00 €

Principal: 8,00 €

1.ª fila de principal (VR): 6,00 €

Venda o día do concerto:

Platea: 15,00 €

Palco: 13,00 €

Principal: 11,00 €

1.ª fila de principal (VR): 9,00 €

Desconto do 20% para Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25 % para familia numerosa

**Os descontos aplícanse previa presentación do documento que acredita o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Páxina web:

http://www.teatrocolon.es/es/evento/leilia-anque-me-vou-non-me-vou/

Organiza:

Culturactiva S. Coop. Galega

Neste espectáculo mesturamos temas novos, do noso último traballo discográfico, Vidas cantadas, con vellas sonoridades de Leilía e a combinación de tempos e sons que nos fan asomar sentimentos de alegría, sorpresa, celebración, nostalxia..., dos que esperamos contaxiar o noso público.

É verdade que nos imos e dicimos adeus a palcos, teatros, festivais e tamén a probas de sons, estudos de gravación, ensaios..., pero aínda que todo isto quede atrás, Leilía xa forma parte do imaxinario colectivo deste país e cada vez que alguén escoite un dos nosos temas nun pub ou no seu fogar..., cada vez que un pai lle poña á súa filla un vídeo para aprender unha canción, que un corredor nos leve na súa lista de reprodución, ou que un adolescente coa súa mestra practiquen un toque téndonos de referencia..., Leilía seguirá animando e ese ánimo fará máis fácil a nosa despedida, porque lle dará sentido ao noso traballo. Un traballo que cunha mestura de orgullo e de pena se despide da escena, pero que segue vivo no día a día desta sociedade grazas ás persoas que o valoran.

É verdade que nos imos, pero quedamos en cada copla, en cada imaxe, en cada vídeo que escollades..., e tamén en cada mensaxe, en cada recordo que vos leve a un bo momento compartido ao longo destes máis de 30 anos de percorrido de Leilía.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente o día do concerto desde 2 horas antes do inicio do concerto
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión