Concello da Coruña

Concello da Coruña

Libros en directo - "Alma y la isla" e "La partitura" - Mónica Rodríguez

Mónica Rodríguez, gañadora do XIII Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela "Alma y la isla" e do Premio Alandar de Narrativa Xuvenil que convoca a editorial Edelvives con "La partitura" cerrará a temporada de Libros en directo cun encontro dobre. En horario de mañá, para alumnos dos centros de ensino da cidade da Coruña e, pola tarde, para o público adulto que desexe achegarse á obra desta autora asturiana.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/06/2016

Xa rematou

Horario:

20.00 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta ata completar a capacidade

 

Organiza:

Polisemias

Contacto:

981 189 888

"La partitura" é unha obra, segundo o xurado que lle concedeu o premio, “atrevida, de gran densidade psicolóxica, caracterizada por unha prosa envolvente, pola beleza das súas imaxes e pola precisión dos sentimentos que relata. Escrita dende a emoción e a fascinación polo que sucede, a novela, un paseo polas luces e as sombras da personalidade humana, formula sen ningunha complacencia dilemas morais asociados ao amor pasional e obsesivo, a liberdade individual ou o maltrato, así como a estreita relación existente entre a personalidade dun autor e a súa creación musical”. Nesta novela, a fascinante e atormentada vida do compositor Daniel Faura, son o pretexto para narrar a obsesión, o amor e a música.

Por outro lado, "Alma y la isla", é unha obra dirixida a lectores a partir de 10 anos que narra a historia de Alma, unha nena negra que chega do mar nunha barca. O pai de Otto, que é pescador, sálvaa de morrer afogada. Durante os días nos que Alma vive coa familia de Otto, antes de ser enviada a unha casa de acollida, emocións antagónicas saen á luz: a empatía e o rexeitamento, a confianza e os celos… Pero a amizade entre os dous nenos transcende a posible distancia cultural que aparece nun primeiro momento.

Presenta: Pedro Ramos.

Mónica Rodríguez naceu en Oviedo en 1969 e reside en Madrid dende 1993. É licenciada en Ciencias Físicas, especializada en Enerxía Nuclear. Dende 1994 traballa no Centro de Investigaciones Ciemat do Ministerio de Ciencia e Innovación. Compaxina o seu traballo coa escritura e a súa familia (ten tres fillas). En outubro de 2009 deixa o traballo no dito centro para dedicarse por enteiro á literatura infantil e xuvenil. Ten publicados case unha trintena de libros e recibiu galardóns como o Premio de Literatura Infantil Ciudad de Málaga en 2010 por "La bicicleta de Selva", o Premio Vila d’Ibi 2011 con "La última función", o XXII premio Ala Delta por "Diente de león", en 2011 ou o XV Premio Leer es vivir en 2013 por "La niña de los caracoles", ademais doutras distincións.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión