Concello da Coruña

Concello da Coruña

Libros en directo - "La conspiración de los mediocres" - Ernesto Mallo

Ernesto Mallo somérxenos nun mundo no que conviven o asasinato e a impunidade do poder cunha tormenta de paixóns amorosas, nunha paisaxe dominada por unha manda de asasinos a soldo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/05/2016

Xa rematou

Horario:

20.00 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta ata completar a capacidade

 

Organiza:

Polisemias

Contacto:

981 189 888

A narrativa arxentina, así como a cinematografía, ocupouse extensamente da sanguenta ditadura de Videla. Non obstante, non tratou na mesma medida o período inmediatamente anterior. Aquela etapa foi o caldo de cultivo no que se coceu o que logo sería o terrorismo de Estado a grande escala. Baixo o nome da Triple A (Alianza Anticomunista Arxentina), un grupo parapolicial encarnizouse con todo aquel que ousase opoñerse aos designios do home forte do país: José López Rega, alcumado O Bruxo pola súa afección á maxia negra.

Nesta precuela da serie do detective Perro Lascano, atopamos un detective novo, aínda que xa investigador de fuste. Para apartalo da investigación, os mandos policiais encárganlle aclarar o suicidio dun ancián alemán. Esa misión botarao directamente ás fauces dos sicarios, nun territorio onde non pode contar con ninguén nin confiar en ninguén. No transcurso da súa investigación, Lascano coñecerá a Marisa, con quen vivirá unha épica historia de amor.

Ernesto Mallo (La Plata, 1948), guionista, dramaturgo e xornalista independente arxentino. Ganou entre outros, o Premio Memorial Silverio Cañada da Semana Negra de Gijón (2007). Publicou, ademais das novelas da serie do comisario Lascano, "El relicario" e "Me verás caer", e máis de dez obras de teatro. As súas novelas foron traducidas a doce idiomas. Vive e traballa en Bos Aires.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión