Concello da Coruña

Concello da Coruña

Libros en directo - "Un perro" - Alejandro Palomas

A nova novela de Alejandro Palomas é un relato explosivo e conmovedor no que o autor recupera os personaxes que coñecemos por primeira vez, e dos que nos namoramos, en "Una madre".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/04/2016

Xa rematou

Horario:

20.00 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta ata completar a capacidade

 

Organiza:

Polisemias

Contacto:

981 189 888

A novela conta a historia de Fer e a súa nai, Amalia, mentres agardan unha chamada que non chega. Durante as horas seguintes, Fer fará o imposible por ocultar o que se esconde tras esa temida chamada que pode desfacer a calma que se instalou na familia dende que, sendo apenas un cachorro, R chegou á súa vida. Pero quizais esa calma sexa máis precaria do que parece. Cando o teléfono por fin soa, a noite traerá consigo unha inesperada compaña, e con ela chegarán un torrente de confesións, verdades que quizais non o eran tanto e as cinco letras dun nome que, tirando do álbum familiar, Fer deberá atreverse a invocar para que a vida volva mostrarlle, a el e aos seus, a súa mellor versión.

"Un perro" non é só o retrato do fascinante vínculo entre un home e o seu can, senón tamén un remuíño de emocións no que conflúen unha mirada tenra e crúa ao universo familiar e unha homenaxe ao amor en todas as súas manifestacións.

Alejandro Palomas (Barcelona, 1967) é licenciado en Filoloxía Inglesa e ten un máster en poética polo New College de California. Compaxinou as súas incursións no mundo do xornalismo coa tradución de importantes autores. Entre outras, publicou as novelas "El tiempo del corazón" (Siruela, pola que foi nomeado novo talento Fnac), "El secreto de los Hoffman" (finalista do Premio de Novela Ciudad de Torrevieja 2008 e adaptada ao teatro no 2009), "El alma del mundo" (finalista do Premio Primavera 2011), "El tiempo que nos une", que recuperará próximamente Booket, e "Una madre", coa que iniciou a serie de personaxes que agora retoma en "Un perro". A súa obra foi traducida a dez linguas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión