Concello da Coruña

Concello da Coruña

Le petit prince de Mark Osborne

Adaptación da novela homónima de Antoine de Saint-Exupéry na que un piloto que se atopa perdido no deserto do Sáhara e co avión avariado coñece un pequeno príncipe que provén doutro planeta.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/03/2017 ata o 01/04/2017

Xa rematou

Horario:

- xoves 20.30 h; venres 20.30 e 23.00 h; sábados 17.30 e 20.30 h

** Rógase puntualidade (unha vez comezada a proxección, non se permitirá o acceso á sala)

Duración:

106 min

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3,00 euros (+65 anos, carné xove ou persoas desempregadas: 2,00 euros)

Sesións do espectador: venres 23.00 h e sábados 17.30 h, prezo único 1,50 euros

* Para acceder aos descontos é imprescindible presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

Organiza:

IMCE

Contacto:

Tel.: 981 184 293

Para que todo saia ben na prestixiosa Academia Werth, a pequena e a súa nai múdanse a unha casa nova. A pequena é moi seria e madura para a súa idade e planea estudar durante as vacacións seguindo un estrito programa organizado pola súa nai; pero os seus plans son perturbados por un veciño excéntrico e xeneroso. El ensínalle un mundo extraordinario onde todo é posible. Un mundo no que o Aviador se topou algunha vez co misterioso Principiño. Entón comeza a aventura da pequena no universo do Principiño. E así descobre novamente a súa infancia e comprenderá que só se ve ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos. Conta coas voces (en versión inglesa) de James Franco, Rachel McAdams, Marion Cotillard, Jeff Bridges, Benicio del Toro, Mackenzie Foy e Paul Giamatti.

Xénero: animación

Francia, 2015 - 106 min (V.O.S. en castelán)

APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS (Especialmente recomendada para a infancia)

Formato: Blu- ray

VENDA DE ENTRADAS

Venda en despacho de billetes: media hora antes de cada función (unicamente se quedan entradas dispoñibles)

Venda anticipada: na conserxería de Fórum, de luns a venres de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h; sábados de 10.00 a 13.00 h

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión