Concello da Coruña

Concello da Coruña

Muller tiña que ser!

Acción enmarcada dentro do proxecto "Xénero e feminismos" nas BMC Bibliotecas Municipais da Coruña

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/04/2018 ata o 28/04/2018

Xa rematou

Horario:

De luns a venres de 8:00 a 21:00 h

Sábados de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta

Partindo dos estereotipos asignados tradicionalmente ás mulleres, e facendo uso do humor e a ironía, esta exposición homenaxea a todas as mulleres que se dedicaron e se dedican á investigación e á ciencia.

Esta exposición completa os obxectivos que persegue e novo centro de interese Xénero e feminismos, dispoñible na Biblioteca Ágora.

Unha homenaxe e/ou recoñecemento ás que foron ignoradas e ocultadas, ás que asinan os seus escritos e patentes, ás que teñen premios e ás que os merecen. O fogar, o coidado das persoas maiores e da infancia, o ensino, a saúde, foron lugares e profesións destinados tradicionalmente ás mulleres.

E elas, coñecendo estes espazos, enfrontaron as súas necesidades: investigaron e inventaron solucións para mellorar a súa vida e a das persoas das que coidaban. Moitas mulleres sobresaíntes están nesta exposición: no terreo da saúde, Elena García desenvolveu Atlas 2020, un exoesqueleto para nenos/as armazón que detecta o movemento residual de enfermidades neuromusculares; no coidado de neonatos/as; Virginia Apgar ideou en 1953 unha proba-escala estandarizada: o test de ApgarNo terreo do fogar, Florence Parpart foi unha empresaria que inventou e patentou o frigoríficoNo ensino hai grandes pedagogas, entre as que atopamos a Ángela Ruiz Robles, quen sendo mestra en Ferrol deseñou a enciclopedia mecánica. Outras foron grandes biólogas, aviadoras, bioquímicas ou excelentes enxeñeiras ou matemáticas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión