Acción enmarcada dentro do proxecto "Xénero e feminismos" nas BMC Bibliotecas Municipais da Coruña
Para público en xeral
Dende o 02/04/2018 ata o 28/04/2018
Xa rematou
De luns a venres de 8:00 a 21:00 h
Sábados de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 h
Libre e gratuíta
Partindo dos estereotipos asignados tradicionalmente ás mulleres, e facendo uso do humor e a ironía, esta exposición homenaxea a todas as mulleres que se dedicaron e se dedican á investigación e á ciencia.
Esta exposición completa os obxectivos que persegue e novo centro de interese Xénero e feminismos, dispoñible na Biblioteca Ágora.
Unha homenaxe e/ou recoñecemento ás que foron ignoradas e ocultadas, ás que asinan os seus escritos e patentes, ás que teñen premios e ás que os merecen. O fogar, o coidado das persoas maiores e da infancia, o ensino, a saúde, foron lugares e profesións destinados tradicionalmente ás mulleres.
E elas, coñecendo estes espazos, enfrontaron as súas necesidades: investigaron e inventaron solucións para mellorar a súa vida e a das persoas das que coidaban. Moitas mulleres sobresaíntes están nesta exposición: no terreo da saúde, Elena García desenvolveu Atlas 2020, un exoesqueleto para nenos/as, armazón que detecta o movemento residual de enfermidades neuromusculares; no coidado de neonatos/as; Virginia Apgar ideou en 1953 unha proba-escala estandarizada: o test de Apgar. No terreo do fogar, Florence Parpart foi unha empresaria que inventou e patentou o frigorífico. No ensino hai grandes pedagogas, entre as que atopamos a Ángela Ruiz Robles, quen sendo mestra en Ferrol deseñou a enciclopedia mecánica. Outras foron grandes biólogas, aviadoras, bioquímicas ou excelentes enxeñeiras ou matemáticas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible