Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de agosto de 2018

O Concello subscribe un convenio co Hockey Club Liceo que afonda no promoción e fomento da práctica deportiva

A Xunta de goberno local autoriza á nova adxudicataria da explotación do Hotel Atlántico á subarrendar o espazo que ocupa o Casino, acción que poderá supor un incremento da renda anual de até un 10% anual

A Xunta de goberno local aprobou este venres a firma dun convenio de colaboración entre o Concello e co Hockey Club Liceo polo que a entidade percibirá unha subvención nominativa de 85.000 euros destinada a realizar actividades para o fomento da práctica deportiva. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salientou que se trata dun "novo paso do goberno local no seu empeño por favorecer a actividade dos históricos clubs deportivos e que estes se abran á cidadanía". Así, recordou que este convenio se une aos subscritos a principios de mes con 32 entidades deportivas da cidade por valor total de 444.000 euros e que, ao igual que este, están destinados á promoción do deporte, a igualdade no mesmo, e o fomento de hábitos de vida saudables. Tamén, e de cara a favorecer o acceso da cidadanía aos espazos culturais e científicos, o executivo municipal acordou a posibilidade de aplicar unha tarifa reducida de entrada ao Aquarium Finisterrae para o público en xeral durante o tempo no que poida permanecer pechada a sala Nautilus do citado espazo debido as obras que comportará a substitución da máquina deshumectadora do recinto (unha actuación, por certo, que está recollida nos orzamentos municipais para este exercicio).

Por outro lado, e en canto a outros asuntos aprobados pola Xunta de goberno local correspondentes a súa área, o titular de Culturas salientou o impulso dado esta xornada á posta en funcionamento do complexo deportivo do Castrillón, polo cal a cidadanía deste barrio da Coruña poderá ter acceso a unha piscina pública. Tal e como se indicou en días pasados, a reunión do executivo municipal deu luz verde ao anteproxecto da obra de reforma e adecuación do equipamento para o que, ademais, se reservarán 2,5 millóns de euros, aportacións que o Concello lle fará á Empresa Municipal de Vivenda (EMVSA), ente municipal encargado da construción e explotación deste espazo.

Noutra orde de asuntos, o goberno local tamén autorizou este venres a Galena Hoteles, a nova adxudicataria da explotación do edificio que alberga o Hotel Atlántico a subarrendar unha parte do inmoble de xeito parcial. En concreto, a Xunta de goberno deu o visto e prace, a que a firma hoteleira subarrende o espazo que, na actualidade, ocupa o Casino Atlántico á mesma sociedade até o 21 de agosto de 2023, a fin de que poida manter a súa actividade. A posibilidade do subarrendamento estaba prevista nos pregos municipais que rexen o arrendamento do hotel. En concreto, a cláusula 23 indicaba que o arrendatario "deberá explotar de maneira persoal a actividade, sen que quepa traspaso, subarrendo nin cesión da explotación, agás autorización expresa do órgano de contratación". O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, salientou que, de acordo coa Lei 29/1994 de Arrendamentos Urbanos, o Concello se reserva o dereito, durante o prazo de duración do subarrendo, a unha elevación da renda que se lle esixe ao arrendatario por valor dun 10% anual.

Por outro lado, e como vén sendo habitual, o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, deu conta das licenzas e outros títulos habilitantes tramitados pola súa área entre o 6 e o 21 de agosto. En total, resolvéronse 183 expedientes, dos que 27 se correspondían con licenzas urbanísticas, 84 comunicacións previas ao inicio de obras, 40 comunicacións previas a inicio de actividade ou apertura de establecementos e 20 autorizacións de exercicio de actividade en réxime de declaración responsable.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión