Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de outubro de 2018

O parque de Santa Margarita acolle o domingo 21 o proxecto ‘Arte é parque’, que promove o coñecemento da natureza a través das artes e que forma parte de 'Cultura de Barrio'

A semana que vén dará comezo ‘Efecto Boomerang’, a primeira das iniciativas da convocatoria Grupo Xerminal e na que a artista Silvia Penide percorrerá diversos espazos da cidade “para afondar na importancia da educación emocional en todas as idades”

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento presenta dúas novas iniciativas que se desenvolven no marco nas convocatorias de concorrencia competitiva Cultura de Barrio e Grupo Xerminal, postas en marcha co obxectivo de favorecer  a promoción e visibilidade do tecido cultural e creativo coruñés, e que terán lugar nos vindeiros días en distintas localizacións da cidade.

A primeira delas, Arte é parque, é unha proposta creada pola Asociación Cultural Tres por Cuatro e que ten como finalidade favorecer o respecto ao medio natural a través da realización de distintas actividades artísticas vinculadas á natureza. Desde o pasado 22 de setembro, Arte é parque realizou xuntanzas nos barrios de Rosales, Eirís, Novo Mesoiro ou Durmideiras, xunto á Torre de Hércules, nas que participaron o músico Rober Pier, a educadora infantil Charo López, ademais de distintas animadoras sociocultuais e membros da entidade cultural. Nestes encontros realizáronse obradoiros musicais ademais de murais colectivos. De cara ao vindeiro domingo 21, a partires das 17.00 horas, celebrarase unha grande actividade final no parque de Santa Margarita --que, no caso de choiva, será no centro cívico--, e que contará coa Tribo do Ritmo, conformada por Mercedes Urbiola e Ooruk Shambo. Nesta sesión, tal e como apuntan desde a Asociación Tres por Cuatro, "a veciñanza conectará dun xeito distinto coa terra, ao coñecer máis sobre os elementos e a súa presenza a través da danza, da música e da arte".

Grupo Xerminal

Por outra banda, a semana que vén dará comezo o primeiro dos proxectos da liña de subvencións en réxime de concorrencia competitiva Grupo Xerminal. A iniciativa, que desenvolverá do 23 ao 26 de outubro, denomínase Efecto Boomerang. A través da mesma, a artista Silvia Penide realizará diversas intervencións musicais, nas que pre-estreará o seu novo disco, en diferentes localizacións da cidade da Coruña, nas que convive veciñanza de todas as idades, co obxectivo de "incidir na importancia da educación emocional, dos sentidos, de saber chorar e saber rir, enfatizar a empatía e os fíos invisíbeis que nos conectan como seres humanos".

Acompañada da súa guitarra, Penide anticipará á cidadanía o seu novo traballo, "que ten un matiz terapéutico, xa que se trata dun disco no que as cancións pretenden animar a levantarse despois dun suceso triste, como pode ser unha ruptura ou a marcha dun ser querido". Desde xeito, a música visitará, a vindeira semana, espazos como unha gardería, un colexio e instituto público, unha facultade da Universidade da Coruña, unha biblioteca pública e un centro de día. Nas súas intervencións, ademais de ofrecer cancións do novo disco, recitará textos do seu poemario Diferentes diferencias, micropoemas dirixidos a todos os públicos e que teñen como base a igualdade e o respecto á diversidade, e abrirá unha quenda de debate coas e cos asistentes ao espectáculo. O proceso, tal e como apunta a artista, recollerase en vídeos que, posteriormente, se difundirá a través de distintas canles sociais.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión