Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xaneiro de 2018

O Pazo de María Pita acolle desde hoxe a exposición 'Illa Rota. Da II República ao franquismo', que recolle o traballo do fotógrafo coruñés Juan Cancelo

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, asistirá ao acto de apertura da mostra, que terá lugar ás 19.30 horas

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, inaugurará esta tarde, no Pazo municipal de María Pita, a exposición Illa Rota. Da II República ao franquismo, unha mostra que dá conta do traballo do reporteiro gráfico coruñés Juan Cancelo entre os anos trinta e sesenta do pasado século. A exhibición, que conta co fotógrafo José Caruncho e o historiador Emilio Grandío como comisarios, está dividida en seis grandes bloques temáticos, nos que Cancelo reflicte a vida política e social, principalmente da Coruña, nesta época: República, Guerra, Relixión, Muller, Sociedade e Mar. O primeiro deles, o máis estenso, inclúe reportaxes como a chegada de Casares Quiroga, a visita de Manuel Azaña ou o mítin de Esquerda Republicana na antiga praza de touros da cidade. Tamén, neste período, ten presenza un novo Francisco Franco. A continuación, o capítulo Guerra, dá conta da situación da cidade durante os tres anos do conflito e con posterioridade ao mesmo. Tamén a través do labor do autor observarase o papel da Relixión vinculada á educación; a Muller e a súa relación co traballo; a Sociedade dos anos 50 e 60, que contrapón o mundo deportivo e cultural con imaxes de familias nunha situación de vulnerabilidade; ou o Mar, o porto e as praias, unha temática moi presente no traballo de Cancelo ao longo de toda a súa carreira.

O acto de inauguración, aberto á cidadanía, terá lugar na propia sala de exposicións do Pazo de María Pita. A mostra poderase visitar até o vindeiro 11 de marzo, todos os días, en horario de 12.00 a 14.00 horas, e de 18.00 a 21.00 horas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión