Concello da Coruña

Concello da Coruña

Paco Nogueiras en Brinca Vai! (De aquí a acolá)

Música infantil cos ritmos máis diversos (electrónica, pop, folk, reggae, rock etc.)

A quen vai dirixido?:

Público infantil e familiar

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/11/2018 ata o 18/11/2018

Xa rematou

Horario:

 Sábado 17 ás 18:30 h

 Domingo 18 ás 12:30 h e ás 18:30 h

Duración:

55 minutos

Enderezo:

Sala Gurugú. Rúa Agra do Orzán 3. 15010 A Coruña

Contacto:

INFORMACIÓN E RESERVAS

881 894 634 ou 616 701 099

salagurugu@gmail.com

Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

Acompañade o músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida "Máquina" nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o Samaín, o Entroido, o Nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e de pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Brinca Vai! De aquí a acolá está deseñado para adaptarse a calquera espazo: escolas, bibliotecas, auditorios, rúas, prazas, vilas, aldeas... Viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas!

* Idioma: galego

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión