Concello da Coruña

Concello da Coruña

Palabra e imaxe: conversas con fotógrafos e cineastas

Unha cita imprescindible coas persoas creadoras das imaxes máis interesantes do momento.

A quen vai dirixido?:

Recomendado para +18 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/11/2018 ata o 18/11/2018

Xa rematou

Horario:

A partir das 11.30 horas

Enderezo:

Avda. de Arteixo 171, Bj. 15007 A Coruña

Prezo:

Libre logo da reserva previa

Requisitos:

Reserva previa no 981 911 476

Palabra e imaxe: conversas con fotógrafos e cineastas pretende converterse nunha cita imprescindible coas persoas creadoras de imaxes máis interesantes do momento a nivel nacional e internacional. Comisariado por Javier Trigales, este formato esencial e desposuído do accesorio, permitiranos escoitar a cineastas e fotógrafos que nos falarán do seu traballo, das ferramentas que utilizan e como as empregan para transmitir as súas ideas ás persoas espectadoras. Nesta edición, contaremos coa presenza de Antoine d'Agata (Marsella, 1961).

Antoine d'Agata estuda no Centro Internacional de Fotografía de Nova York con lendas como Nan Goldin e Larry Clark. Tras finalizar os seus estudos e viaxar polo mundo, publica os seus primeiros libros de fotografía: De mala muerte e Mala Noche. En 2001 gana o Premio Niépce para novos fotógrafos por Hometown, un persoal diario de viaxe a través de Francia. En 2004 únese á axencia Magnum e un ano despois roda Le Vendre du Monde, a súa primeira película, á que seguirá Aka Ana. Viaxeiro incansable, os seus periplos convértense en fotolibros como Insomnia, Vortex, Stigma, Psychogéographie ou Ice e Anticorps (Premio de Libro de Autor Rencontres d'Arles en 2013).

+ Información

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión