ESGOTADAS AS PRAZAS PARA O PASEO DO DÍA 2 DE ABRIL.
Para público en xeral
Os días 02/04/2016 ás 12:30 , 23/04/2016 ás 11:00 , 14/05/2016 ás 12:30 , 11/06/2016 ás 12:30
Xa rematou
-Sábado 2 de abril (12.00-13.30 h)
-Sábado 23 de abril (11.00-12.30 h)
-Sábado 14 de maio (12.00-13.30 h)
-Sábado 11 de xuño (12.00-13.30 h)
Unha hora e media
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde, con inscrición previa
Inscrición previa (55 prazas, en cada paseo). Maiores de 16 anos.
Hai moitas formas diferentes de pasear a cidade. Nesta ocasión, seguirémolo facendo a través de paseos pola Coruña da man das propias escritoras e escritores que elaboraron obras ambientadas na nosa cidade: Manuel Rivas, Estíbaliz Espinosa, Yolanda Castaño e Pedro Feijoo.
O sábado 2 de abril, en colaboración coa AELG (Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega), retomamos estes paseos que xa comezamos en 2014 e que tanta demanda tiveron entre a cidadanía.
Os 4 seguintes paseos que imos realizar son:
-Sábado 2 de abril (12.00-13.30 h): paseo con Manuel Rivas
-Sábado 23 de abril (11.00-12.30 h): paseo con Estíbaliz Espinosa
-Sábado 14 de maio (12.00-13.30 h): paseo con Yolanda Castaño
-Sábado 11 de xuño (12.00-13.30 h): paseo con Pedro Feijoo
Número de prazas por paseo: 55
A actividade está dirixida a maiores de 16 anos
INSCRICIÓN
Na conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos), nas seguintes datas:
-Paseo do sábado 2 de abril con Manuel Rivas: inscrición desde o xoves 17 de marzo
-Paseo do sábado 23 de abril con Estíbaliz Espinosa: inscrición desde o luns 11 de abril
-Paseo do sábado 14 de maio con Yolanda Castaño: inscrición desde o luns 2 de maio
-Paseo do sábado 11 de xuño con Pedro Feijoo: inscrición desde o luns 30 de maio
REQUISITOS
OBRIGATORIA inscrición previa (55 prazas por paseo)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible