Exposición dunha das voces máis influentes do panorama artístico internacional.
Para público en xeral
Dende o 10/04/2014 ata o 14/09/2014
Xa rematou
Paula Rego (Lisboa, 1935), portuguesa de nacemento pero inglesa de adopción, empezou a debuxar dende nena e, con só dezasete anos, foise a Londres a estudar na Slade School of Fine Art.
É unha creadora incansable. Nas súas obras advírtese unha gran tenacidade artística, como demostran os cambios de estilo que foi desenvolvendo ao longo das distintas etapas da súa traxectoria. Na mostra poderanse apreciar dende as súas obras dos anos sesenta, dun estilo informal ou mesmo neodadaísta ata pezas de anos posteriores, xa máis figurativas.
Esta exposición supón unha ocasión incomparable para deixarse levar polo persoal mundo desta grande artista.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible