Convocatoria municipal de subvencións para a organización de festivais audiovisuais.
Para público en xeral
Dende o 12/07/2017 ata o 27/07/2017
Xa rematou
A convocatoria, vai destinada ao fomento e apoio aos festivais audiovisuais de carácter contrastado, xa realizados neste ano ou por realizar antes do 30 de novembro deste ano.
Entre os requisitos para concorrer está a ubicación do mesmo, que deberá celebrar no termo municipal da Coruña, e que deberá ter unha duración mínima de tres xornadas e un mínimo de doce proxeccións; para optar a estas subvencións é requisito tamén que o evento teña realizado dúas edicións consecutivas inmediatamente anteriores á deste 2017, "para propiciar aqueles proxectos consistentes e asentados", e que a súa proposta de programación contemple un mínimo do 10% de títulos ou sesións de produción cinematográfica galega, ou ben con dirección galega, "de cara a favorecer a produción local".
As propostas poderán presentarse nun prazo de 15 días a contar desde o día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da provincia (BOP), que terá lugar esta mesma semana. As solicitudes serán avaliadas por unha mesa de formada por persoal funcionario e técnico do Concello. Tal e como detallou o responsable municipal de Culturas, na valoración das propostas teranse en conta criterios como a traxectoria do festival e o grao de especialización da programación respecto á doutros eventos e a calidade e innovación da proposta, así como a súa viabilidade financeira, a dimensión internacional e, igualmente, o emprego da lingua galega na presentación, realización e difusión das súas actividades. Ademais, en atención á transversalidade de xénero e aplicación do principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, as bases da convocatoria sinalan que se atenderá, na valoración xeral de actividades e proxectos, á inclusión do principio de transversalidade nas propostas, que deberá incluírse na memoria descritiva.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible