Ari Alonso presenta o seu libro "Destellos" na Biblioteca Fórum Metropolitano.
Persoas adultas
16/04/2018
Xa rematou
De 19:00 a 20:00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
Nacín unha noite de decembro de 1984, cando España empezaba a "cambiar", no seo dunha familia humilde, de pai albanel e nai campesiña, crieime entre natureza e libros lonxe das novas tecnoloxías. Os mellores momentos que tiña eran aqueles nos que os meus mellores amigos eran os libros. Sempre fun unha persoa solitaria, amante dos animais e mal estudante ao modo de ver doutras persoas, eran tempos fáciles para moitos onde o maior problema que se presentaría era que se sería de maior ou a quen querías máis se ao teu pai ou á túa nai, na miña cabeza eran outras as dificultades...
As inxustizas que vía, a maneira de cambiar as cousas, a maneira de loitar coa vida. Que facer con toda esa agonía?
Desde moi pequena refuxieime nas miñas ideas, nos meus libros e empecei a escribir, era a miña vía de saída. Así transcorreu a miña vida ata que decidín partir; quixen ser algo ou alguén, aínda non sei ben... Funme da casa e empecei a sobrevivir; era unha ave de paso. Miles de traballos, miles de destinos pero un mesmo obxectivo: abrirme camiño e con iso cheguei ata "Crónicas de una muerte", un libro que quedou na nada e fíxome crecer como escritora e persoa.
Houbo momentos amargos, outros non tanto; moitas caídas das que había que levantarse, moitas cousas como aprendizaxe. Crucei o charco por algo inalcanzable, saíu mal pero a vida tan pronto che quita como che dá. Como dicía Amado Nervo, cheguei a un punto de non retorno e agora coma el só podo dicir:
Amei, fun amada,
Vida, nada me debes!
Vida, xa estamos en paz!
ARI ALONSO
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible