Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cultura Coruña

Programa de lecer Fórum Metropolitano primavera 2018

Cando:

Dende o 08/01/2018 ata o 26/01/2018

Inscricións:

Dende o 08/01/2018

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

COTA DE INSCRICIÓN: 30 € por obradoiro (maiores de 65 anos: 21 €)

Contacto:

ENDEREZO:

Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Mostrar mapa

TELÉFONO:

981 184 293

FAX:

981 184 295

PÁXINA WEB:

https://es-es.facebook.com/ForumMetro

CORREO ELECTRÓNICO:

forum@coruna.es

Documentos:

Listado Adjudicaciones FÓRUM por número de sorteo (170 KB)

LISTADO DE NÚMEROS PARA EL SORTEO (118 KB)

O PROGRAMA DE LECER DE PRIMAVERA 2018 vén cargado de propostas innovadoras con actividades que impulsan a formación con accións culturalmente enriquecedoras utilizando a cidade e todos os recursos que esta nos ofrece. Busca, á súa vez, o incremento da demanda cultural e o coñecemento da oferta da cidade e promove convivencia e a sociabilidade das persoas participantes. Programa enfocado a persoas maiores de 16 anos, con excepción das actividades específicas para nenas/os e adolescentes.

INSCRICIÓN DE CONTINUIDADE:

Os días 8, 9 e 10 de xaneiro na conserxaría do Fórum, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Para formalizar a inscrición, será necesario pagar en efectivo o importe do obradoiro correspondente, ademais de ter asistido a un mínimo do 50% das sesións do outono.

PREINSCRICIÓN:

Os días 11 e 12 de xaneiro, na conserxaría do Fórum, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h, ou por VÍA TELEMÁTICA

Neste último caso, será recomendable gardar unha copia dixital da inscrición, co fin de corrixir os erros que se puideren producir.

Non se envía número de sorteo por correo electrónico. O día 15 de xaneiro ás 09.00 horas, publicarase a listaxe das preinscricións telemáticas co seu número de sorteo ordenado por DNI. De producirse algún erro, coa copia da preinscrición, emendarase.

É importante escoller só una das dúas opcións, xa que, en caso de ter preinscricións duplicadas, anularanse.

Todas as preinscricións telemáticas que teñan data de envío anterior ás 9.00 h do día 11 e posterior das 20.00 h do día 12 non serán tramitadas. 

Cada solicitante poderá anotar ata catro obradoiros na ficha; deberase ter en conta que na adxudicación respectarase a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.

Na preinscrición presencial, adxudicaráselle directamente a cada solicitude un número para o sorteo. Na inscrición telemática adxudicarase o número de sorteo ao remate de cada unha das franxas horarias presenciais.

SORTEO PÚBLICO:

Luns 15 de xaneiro, ás 10.00 h, na conserxaría do Fórum.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

As listaxes dos obradoiros adxudicados publicaranse o mércores 17 de xaneiro, a partir das 9.00 h, en Fórum, nas distintas webs municipais e no servizo telefónico 010.

A partir do número extraído no sorteo, asignaranse as prazas en cada obradoiro.

Outorgaráselle ao maior número de persoas, cando menos, un obradoiro.

INSCRICIÓN:

Os días 17 e 18 de xaneiro na conserxaría de Fórum​, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. Para formalizar a inscrición, será necesario pagar en efectivo o importe do obradoiro correspondente.

As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polas persoas agraciadas no sorteo.

As prazas non pagadas durante estes días adxudicaránselles ás persoas en listaxe de agarda.

LISTAXES DE AGARDA E PRAZAS VACANTES:

As persoas en listaxes de agarda dun obradoiro terán preferencia en ocuparen as prazas non pagadas do dito obradoiro, que serán adxudicadas pola orde do sorteo.

Terán preferencia aquelas persoas que non obtivesen ningunha praza.

O día 22 xaneiro, contactaremos vía telefónica só con aquelas persoas que estean nas listaxes de agarda para saber se continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. Realizaranse tres intentos de contacto a diferentes horas, de non conseguir comunicación pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.

Terán que formalizar a inscrición, pagándoa, o día 23 de xaneiro.

Realizaremos unha segunda rolda de chamadas o 24 de xaneiro, e as/os interesadas/ os terán que formalizar a inscrición, pagándoa, o 25 de xaneiro.

A partir do 26 de xaneiro e despois deste proceso, o resto das prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral, que deberá inscribirse e pagalas por orde de chegada, nos horarios indicados anteriormente.

INICIO DOS OBRADOIROS: A partir do luns 29 de xaneiro, no día e hora que corresponda.

OS OBRADOIROS SÓ SE PORÁN EN MARCHA CUN MÍNIMO DE 12 PARTICIPANTES.

Calendario

Busca de eventos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?