Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rebufaplanetes

En 1982 Pep Bou estreou o seu primeiro espectáculo elaborado integramente con pompas de xabón. Pasaron décadas e a esencia dese mesma montaxe pisou escenarios de todo o mundo.

Cando:

Dende o 06/04/2013 ata o 07/04/2013

Xa rematou

Horario:

Sábado 6 ás 20.00 horas.

Domingo 7 ás 17.00 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es

Públicos dos seis continentes contemplaron e gozaron da esencia dunha linguaxe única, creada por este granollerense formado como aparellador que nun momento determinado decidiu cambiar os espazos tanxibles para deseñar a beleza efémera a través das pompas de xabón.
Co paso do tempo Pep Bou fixo evolucionar a súa linguaxe creando –a través da experimentación e a investigación- novas maneiras de entender o espazo. Pero é con Bufaplanetes e agora con Rebufaplanetes cos que o artista catalán alcanza o seu máximo esplendor combinando a precisión técnica e a excelencia teatral.  Rebufaplanetes é unha revisión e actualización de Bufaplanetes, un espectáculo que é xa un referente ineludible do teatro visual europeo. Unha peza que contén todos os ingredientes dunha obra en maiúsculas: un bo argumento, espectacularidade visual e orixinalidade.

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión