Concello da Coruña

Concello da Coruña

S8 Mércores 1 de xuño

Programación da 7ª Mostra de Cinema Periférico de A Coruña o mércores 1 de xuño

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/06/2016

Xa rematou

Páxina web:

www.s8cinema.com

18.00 h - CGAI - Centro Galego de Artes da Imaxe

SINAIS EN CURTO

Un panorama dos sinais que emite cada ano o cinema galego.

 

Materia Prima (Natalia Porca, 2015, vídeo, 4 min)

Beleza do Verán (Mar García, 2015, vídeo, 4 min)

Jeanette (Xurxo Chirro, vídeo, 2016, 8 min)

Homes (Diana Toucedo, 2016, vídeo, 11 min)

Trazos (Alberte Branco, 2016, vídeo, 9 min)

Subida ao cerro (Gonzalo E. Veloso, 2015, vídeo, 5 min)

Toxos e flores (Lucía Vilela, 2016, super 8 transferido a vídeo, 4 min)

O tempo da mazá (Miguel Mariño, 2015, 16mm, 5 min)

Historia Cerebro (Borja Santomé Rodríguez, 2015, vídeo, 5 min)

 

 

20.30 h - CGAI - Centro Galego de Artes da Imaxe

GERMAINE DULAC

O futuro pertence ás películas que non se poden contar, escribía Germaine Dulac (Amiens, 1882 - París, 1942) en 1928. Un futuro, o que imaxinaron aqueles primeiros impresionistas do cinematógrafo, no que o cinema se desposuiría das ataduras da palabra (a literatura, o teatro) para abrazar o seu ser esencial: aquel no cal a máquina e artista se alían para destilaren os poderes únicos e sobrenaturais das luces e as sombras proxectadas. Unha frase que segue a ser unha promesa, como as películas de Dulac seguen a ser vangarda, obras nas que a luz pinta delicadamente no celuloide impresións da natureza, música que se pode ver, a beleza do movemento: un mundo novo feito de imaxes. Pero Dulac tamén prefigurou un mundo novo, ademais de co seu cinema, coa súa forma de vivir e de pensar: pioneira, feminista e intrépida, cineasta, xornalista e crítica, muller singular que soñou, e fixo realidade, un cinema puro.

 

Étude Cinématographique sur une Arabesque (Francia,1929, 35 mm, 8 min)

Disque 957 (Francia, 1928, 16 mm, 6 min)

Thèmes et Variations (Francia, 1928, versión restaurada en 35 mm, 11 min)

L´invitation au Voyage (Francia,1927, 16 mm, 33 min)

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión